CONCELLO DE BALEIRA

UNHA COMPLETA OFERTA DE LECER PARA GOZAR TODO O ANO

O Concello de Baleira conta cunha extensa oferta de lecer que se prolonga durante todo o ano, ofrecendo ao visitante múltiples opcións de gozar no medio dunha paraxe magnífica e incomparable pola súa beleza natural. Non en balde forma parte do percorrido do Camiño Primitivo de Santiago, dando acubillo aos moitos peregrinos que o percorren.

Ademais do Camiño, Baleira dispón de magníficos roteiros para facer sendeirismo, mountain bike ou escalada. Ideal para gozar da natureza nunha contorna incomparable e á vez poder degustar pratos típicos da zona como o famoso cocido ou o butelo. Sen dúbida Baleira é un destino perfecto que non che deixará indiferente.



horreo-baleira

NATUREZA

RUTAS DE SENDEIRISMO