OUTRAS ACTIVIDADES
PISCINA MUNICIPAL
Baleira conta cunha piscina pública situada nunha contorna natural e tranquila. Está aberta ao público os meses de xullo e agosto desde as 12:00 da mañá ata as 20:00 da tarde.
O uso e acceso a estas instalacións é libre e gratuíto para todo o mundo. Un lugar perfecto para refrescarse nunha tarde calorosa de verán.

