O roteiro proxectado é un roteiro circular, que ten o seu inicio e final no mesmo punto, e discorre na súa totalidade polo concello de Baleira. O “Roteiro dás Loras” ten 13,1 km que discorren por camiños consolidados.
Denomínase “Roteiro dás Loras” porque antigamente os veciños da parroquia de Librán, pola que discorre parte dos camiños incluídos para o roteiro de sendeirismo, ían ao monte común chamado “O Carballal” para abastecerse de “varas de Carballo” (ramas finas e longas de Carballo) e con elas fabricar a “lora”, que era o lazo que vai no centro do “ xugo”, que é un obxecto de madeira co que se suxeita polo pescozo ou cabeza a unha parella de animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado. Fabricábanas para despois vendelas nas feiras dos arredores como Meira, Castroverde, Baralla ou en San Froilán en Lugo.
Características da ruta
Puntos de interese
Hórreo de Penas

Campo da Matanza

Alto de Penas
